Boas!! Hoxe queremos presentarmos ésta nova sección que terá lugar todos os xoves: o Reto Express! Éste tipo de retos serán xogos sinxelos, como adivinanzas ou probas de agudeza visual, como a que traemos hoxe! A forma de responder a éstes retos non será con fotografías ou vídeos como os retos normais, non! Teredes que deixar o voso comentario nesta mesma entrada. O caxetín de comentarios o podedes encontrar nesta mesma páxina, abaixo de todo. Cada resposta que añadades sumades 1 punto na clasificación final! Así de sinxelo, anímaste???
Pois ímos aló! Abaixo podedes ver unha imaxe cheíña de vacas, verdade?? Pois aínda que non o creades entre tantas vacas hai un intruso!!! Trátase dun canciño!! Podes atopálo?? Para indicar a túa resposta no comentario podes dicir a fila onde se atopa e o posto da fila, e dicir: O can está na fila 2 no posto 4, por exemplo. Cando o atopes non esquezas de deixar a túa resposta abaixo, no apartado de comentarios!