Traducir

Visitantes

PUNTUACIÓN FINAL: 39.347 PUNTOS

O xogo "XAQUE AO VIRUS" chega ao seu final acadando case 40.000 Antivirus obtidos polos 27 centros participantes tras 10 semanas de xogo.

Un total de 5.521 respostas aos retos propostos (máis de 500 por semana), xunto coas máis de 700 participantes en sesións on-line, fixeron posible acadar 39.286 puntos. 

O reparto destes puntos foi o seguinte:


Só nos queda agradecer a participación de todas as familias e a colaboración desinteresada de músicos, actrices, escritores e demáis personalidades do mundo da cultura que animastes a participar aos nenos e nenas dos diferentes colexios da cidade.

Non esquezades recoller o vosos premios hoxe 1 de xuño, mañana 2 de xuño ou pasado mañana 3 de xuño, en horario de 16:00 h. a 18:00 h. no Forum Metropolitano. Deberedes identificarvos e levar a mascarilla obrigatoriamente.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!

Despedida e agradecemento

-"Xaque ó virus" chega ó seu fin-

Chegou o momento da despedida. Sentímos mágoa nesta etapa que remata, pero temén estamos cheas de orgullo por ter tido a fermosa oportunidade de traballar con vos deste xeito diferente e ter a maravillosa resposta pola vosa parte.

Podemos dicir en voz ben alta que somos uns dos coles con maior participación, e iso nos volve a chear de orgullo. Entre todos os colexios conseguimos nin máis nin menos que 37.643 anitvirus para combatir a ese bichiño chamado coronavirus e o San Pedro de Visma consegui un total de 6.673 puntos, tedes que estar ben satisfeit@s!
Queremos agradeceros de todo corazón a vosa participación e a vosa creatividade e sobre todo a vosa adaptación a ésta extraña situación, sodes xeniales!!

***Por todo esto, xa sabedes que queremos premiaros dalguhna forma, polo que as familias participantes poden acercarse ao Fórum Metropolitano os días 1, 2 e 3 de Xunio en horario de 16h a 18h para recoller os diplomas e as medallas. Nos esquezades levar a vosa mascarilla, e recordade que na entrada teredes que identificaros.***

Despedímonos pois cunha aperta virtual para tod@as as familias e esperamos veros pronto nos novos programas do verán, e non esquezades que o venres 29 ás 18h30 teremos a última videochamada de despedida!!

Porque o merecedes, deixámosvos un vídeo recompilación coas vosas participacións, porque sen vos isto non sería posibel.


Grazas e ata prontiño!


XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIÓNS.

ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA:


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE:


ENVIARÉMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE ZOOM.

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020

XAQUE AO VIRUS CHEGA AO SEU FIN, PERO AÍNDA QUE REMATEMOS UNHA ETAPA INICIAMOS OUTRA. 

ANTE A NECESIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS DE CONCILIAR, PODEREMOS GOZAR CON CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020.



Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha porposta de actividades multidisciplinares para este periodo vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a  necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade, entre os cales se atopa o noso colexio SAN PEDRO DE VISMA.
PICANDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA "CON CILIA NO COLE" E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN.


SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCERDER Á WEB DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS ONDE SE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO.



ENTREGA DE PREMIOS DO XOGO XAQUE AO VIRUS

BOAS FAMILIAS!! DESPOIS DE DEZ SEMANAS REALIZANDO RETOS E OUTRAS PROPOSTAS É HORA DE AGRADECERVOS A COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN QUE APORTÁCHEDES CADA UN DE VOS.

ANTÍA, VALENTINA M., PABLO, JAVI, SABELA, HUGO P., DAVID, TEO, INÉS, ABRIL, RODRIGO, MARTÍN, EVELYN, HUGO M., CLARA, MARTINA, DUNIA, NUR, VALENTINA, SAMUEL, PEDRO Y SABELA. 


POR ISTO, QUEREMOS FACERVOS A ENTREGA DUN DIPLOMA E DUNHA MEDALLA DE AGRADECEMENTO. 


DEBIDO A SITUACIÓN QUE ESTAMOS ATRAVESANDO, A RECOLLIDA DESTES PREMIOS REALIZARASE NO FORUM METROPOLITANO, OS DÍAS 1, 2 E 3 DE XUÑO, EN HORARIO DE 16:00 h. a 18:00 h.

COMO O FORUM METROPOLITANO AINDA NON ESTÁ ABERTO AO PÚBLICO, NA ENTRADA DEBEREDES DE IDENTIFICARVOS. 


LEMBRADE QUE É NECESARIO E OBRIGATORIO O USO DA MASCARILLA.   

MOITAS GRAZAS <3!

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIÓNS.

ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA:


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE:


ENVIARÉMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE ZOOM.

O león afónico

A conto da semana e...

O león  afónico 


Había unha vez un león  afónico. Era  afónico desde sempre, porque nunca puidera ruxir, pero ninguén na sabana sabíao. Como desde moi pequeno había visto que non podía ruxir, aprendera a falar  sosegadamente con todo o mundo e a escoitarlles, e convencerlles das súas opinións sen ter que lanzar nin un ruxido, gañándose o afecto e confianza de todos.

Pero un día, o león falou cun  puerco tan bruto e  cabezota, que non atopaba a forma de facerlle entrar en razón. Entón, sentiu tantas ganas de ruxir, que ao non poder facelo sentiu en desvantaxe. Así que dedicou uns meses para inventar unha máquina de ruxir que se activase só cando el quixese. E pouco despois de tela terminada, volveu aparecer por alí o  puerco  testarudo, e tanto sacou ao león das súas casas, que lanzou un ruxido aterrador coa súa máquina de ruxir.

-  GRRRRROAUUUUUUUUUUUU!!!

Entón, non só o  puerco, senón todos os animais, levaron un susto terrible, e durante meses ningún deles atreveuse saír. O león quedou tan triste e solitario, que tivo tempo para darse conta de que non necesitaba ruxir para que lle fixesen caso nin para saírse coa súa, e que sen sabelo, a súa  afonía leváralle a ser  buenísimo falando e convencendo aos demais. Así que aos poucos, a través do seu ton amable e cordial, conseguiu recuperar a confianza de todos os animais, e nunca máis pensou en recorrer aos seus ruxidos nin aos seus berros. eón  afónico

Páxina principal