Traducir

Visitantes

Despedida e agradecemento

-"Xaque ó virus" chega ó seu fin-

Chegou o momento da despedida. Sentímos mágoa nesta etapa que remata, pero temén estamos cheas de orgullo por ter tido a fermosa oportunidade de traballar con vos deste xeito diferente e ter a maravillosa resposta pola vosa parte.

Podemos dicir en voz ben alta que somos uns dos coles con maior participación, e iso nos volve a chear de orgullo. Entre todos os colexios conseguimos nin máis nin menos que 37.643 anitvirus para combatir a ese bichiño chamado coronavirus e o San Pedro de Visma consegui un total de 6.673 puntos, tedes que estar ben satisfeit@s!
Queremos agradeceros de todo corazón a vosa participación e a vosa creatividade e sobre todo a vosa adaptación a ésta extraña situación, sodes xeniales!!

***Por todo esto, xa sabedes que queremos premiaros dalguhna forma, polo que as familias participantes poden acercarse ao Fórum Metropolitano os días 1, 2 e 3 de Xunio en horario de 16h a 18h para recoller os diplomas e as medallas. Nos esquezades levar a vosa mascarilla, e recordade que na entrada teredes que identificaros.***

Despedímonos pois cunha aperta virtual para tod@as as familias e esperamos veros pronto nos novos programas do verán, e non esquezades que o venres 29 ás 18h30 teremos a última videochamada de despedida!!

Porque o merecedes, deixámosvos un vídeo recompilación coas vosas participacións, porque sen vos isto non sería posibel.


Grazas e ata prontiño!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal