Xa estamos aquí co último mércores de reto, imos alá!!!!!!!!!!!!
PROBA MENTE EN FORMA: "FAI UN CALOR..."
Como se achega o verán imos facer o seguinte reto. Imos facer uns bonitos abanicos para non pasar calor. Para iso necesitamos:
Paus de polo, pajita ou similar
Papel
Pegamento
Rotuladores, ceras, lapis de cores
Rolo de cinta adhesiva
Deixámosvos dúas ligazóns onde podedes ver como se fan. Recomendámosvos decorar previamente as follas por ambos os lados para que queden preciosos
PROBA CORPO EN FORMA : "SOMOS UN CADRO
Este reto consiste en elixir un cadro famoso e recrealo entre vós. Na seguinte ligazón podedes atopar varios exemplos. Tedes que mandar unha foto do cadro elexido e a vosa réplica para atopar diferenzas e semellanzas e sobretodo rirnos un intre todos xuntos.
😂😂😂😂😂😂😂😂😂
Veña moito ánimo que xa estamos rematando esta aventura, un último esforzo!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario