Traducir

Visitantes

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020

O CONCELLO DA CORUÑA, ANTE A DEMANDA DA CIDADANÍA, REFORZA CON 7.475 PRAZAS EN DISTINTOS ESPAZOS DA CIDADE A SÚA OFERTA DE CAMPAMENTOS PARA QUE AS FAMILIAS CONCILIEN MELLOR. MÚSICA, DEPORTE, CIENCIA...

AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN FORMALIZAR A PREINSCRIPCIÓN DE FORMA TELEMÁTICA DENDE HOXE 27 AO 29 DE MAIO. 

FORMARANSE GRUPOS DUN MÁXIMO DE 15 PARTICIPANTES E TERÁN PREFERENCIA AS E OS NENOS EMPADROADOS NO CONCELLO E CON PAIS E NAIS TRABALLANDO OU TELETRABALLANDO, TAMÉN AS FAMILIAS MONOPARENTAIS.

  BENESTAR SOCIAL, O CONSORCIO PARA A PROMOCIÓN DA MÚSICA, DEPORTES, EDUCACIÓN, IMCE, MUSEOS CIENTÍFICOS E OMIC OFRECERÁN ACTIVIDADES MOTIVADORAS PARA QUE AS CATIVAS E CATIVOS E MOCIDADE DE 4 A 17 ANOS PASEN AS VACACIÓNS APRENDENDO E XOGANDO Á VEZ.

ENTRE TODAS ESTAS ACTIVIDADES PODEMOS ATOPAR CAMPACOLE, QUE SE CELEBRA NOS COLEXIOS PÚBLICOS. PARA MÁIS INFORMACIÓN PICA NESTE ENLACE: CAMPAMENTOS DE VERÁN


Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha porposta de actividades multidisciplinares para este periodo vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a  necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade, entre os cales se atopa o noso colexio SAN PEDRO DE VISMA.
PICANDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA "CON CILIA NO COLE" E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN.


SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCERDER Á WEB DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS ONDE SE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal