Bó venres a tod@s!! Qué tal vai a semana?? Preparad@s para uns novos retos?? Pois aí van:
PROBA MENTE EN FORMA: Arte de mans
Na actividade de hoxe usaremos a figura das nosas mans para crear animais!! Para iso imos precisar:
- Papel
- Rotulador negro
- Rotuladores de cores
- Pinturas de cores
- E MOITA IMAXINACIÓN!
Como podedes ver no anterior reto, os nosos dediños serven para crear as nosas personaxes pero hoxe imos usar a figura das nosas mans.
Imos usar a palma da nosa man enteira, teremos que pintar a palma da man con pintura de dedos e estampala sobre o papel, logo engadimos á figura o necesario para poder recoñecer o animal en cuestión:
Tamén podemos experimentar facendo a silueta da nosa man cun rotulador e logo pintando o interior de cores e engadindo os detalles do animal:
Divertido, non si??
PROBA CORPO EN FORMA: Os patinadores sen patins.
Así, como o oídes! Imos practicar un pouquiño de patinaxe pero non precisaremos de patíns. A idea e facer unhas figuras propias deste deporte pero sen desprazarnos xa que non usaremos patíns. Así que só tes que quedar no sitio e copiar as figuras das imáxenes, eso sí: tes que contar ata 15 para cambiar de figura. Estades preparad@s???
Figura do enanito:
Figura do cañón:
Figura da cigüeña o da garza:
Figura da aguia:
Figura da avioneta:
Que teñades boa fin de semana!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario