PROBA MENTE EN FORMA: "O TANGRAM"
O xogo Tangram é un xogo de crebacabezas de formas xeométricas, de orixe chinesa. Trátase dun xogo moi antigo formado por sete pezas. Por este motivo, este xogo chinés é tamén chamado: «Os sete taboleiros de astucia». As pezas que o compoñen tamén se denominan "tans".
Para facer o tangram, necesitamos:
- Cartolina, cartón o folio.
- Rotuladores de cores, ceras de cores...
- Tesoiras
- Pegamento (no caso que utilicedes cartón)
- Plantilla
Para facer o tangram só tedes que imprimir o debuxar a plantilla que aparece no enlace de abaixo e colorear cada peza dunha cor diferente. A continuación, recórtanse e xa está listo para formar as figuras que máis che gusten. Na ligazón tamén se atopas diferentes figuras para formas, aínda que tamén podedes formar as que se vos ocorran.
Se utilizades cartón pide axuda a mamá ou papá para cortalo xa é que moi duro e non queremos sustos.
PROBA CORPO EN FORMA: "CRUZAR O RÍO"
Este reto consiste en ir desde un punto coa axuda dun folio, trapo, etc. Non podedes pisar o chan baixo ningún concepto, xa que hai crocodilos, o folio ou trapo é vosa barquita para poder cruzar o río. quen chegará primeiro á outra beira?
Déixovos un vídeo onde o podedes ver claramente
Que isto non pare...…...🙈🙈🙉🙉🙉🙊🙊🙊
No hay comentarios:
Publicar un comentario