FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE
O amigo dos animais
Chámome Félix e son naturalista e divulgador ambientalista. Nacín en Poza de la Sal, un pobo de Burgos con pouca xente e moita natureza.
O meu pai quixo que estudase en casa e ata os dez anos non fun a unha escola. Saïamos a pasear polo campo e, nun daqueles paseos, vi como un falcón cazaba un pato. A escena marcoume de tal forma que, a partir de entón, dedíqueme a observar e coñecer ás aves de cetrería, que son as que utiliza o home para cazar a outros animais.
Estudei Medicina e, aínda que me licenciei como estomatológo, só exercín dous anos e a media xornada porque a observación da natureza xa ocupaba gran parte do meu tempo.
Cando organicei as xornadas sobre cetrería por primeira vez en España, un xornal sacou a miña fotografía en primeira páxina e aquilo fixo que moita xente coñecéseme. Despois convidáronme á televisión e encargáronme que dirixise un programa curto sobre animais e así , aos poucos, convertinme no amigo dos animais para moitas xente.
Gústanme as aves, pero tamén os lobos. Vivín con eles e rodei programas de televisión a través dos que tentei demostrar que non eran animais tan feros como se pensaba e que, desde logo, non eran o inimigo.
En Televisión Española presentei e dirixín varios programas cos animais como protagonistas, o máis coñecido chamábase O home e a Terra.
Despois da televisión chegou a radio, escribín libros e ata dirixín unha película. Saín de España para coñecer e gravar a outros animais e nun desas viaxes, en Alaska, a avioneta na que viaxaba estrelouse cando queriamos gravar unha carreira de zorras tiradas por cans, en plena natureza, á que sempre sentín tan unido.
Félix Rodríguez de la Fuente dirixiu O home e a Terra, unha produción de televisión que achegou a natureza aos fogares españois, e que foi unha obra de referencia para varias xeracións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario