Traducir

Visitantes

RAFA NADAL

Esta semana coñecemos a...


RAFA NADAL


Tenista de lenda

Chámome Rafa Nadal  Parera, son tenista e todos me coñecen como Rafa Nadal. Nacín en  Manacor (Mallorca), rodeado de mar e de deporte. Crecín cun balón de fútbol nos pés. Aos catro anos o meu tío deume unha raqueta e pronto me decidín polo tenis. Fun campión de España con once e doce anos, cheguei a profesional aos dezaseis e aos dezaoito gañei o meu primeiro gran título, a Copa Davis.

Seguín adestrándome e esforzándome, e en 2005 gañei o meu primeiro  Grand  Slam: Roland  Garros, un torneo que xa gañei doce veces, algo que ningún outro tenista conseguiu ata o de agora. En 2008, en Pequín, conseguín a primeira medalla de ouro olímpica en tenis individual para España, e fun número uno do mundo por primeira vez. Ademais, déronme o premio Príncipe de Asturias.

Cheguei todo o máis alto, gocei do éxito e saboreei o fracaso e as lesións. Son feliz co que fago, pero tamén sei que non inventei nada, só xoguei ben ao tenis. Gústame sentir o agarimo, que me admiren polo que fixen ben dentro e fóra da pista. Eu admiro á xente feliz e positiva que axuda aos demais. Son afortunado e quere ofrecer a outros a oportunidade de conseguir tamén os seus soños. En 2008 creei a Fundación Rafa Nadal para axudar a través do deporte e a educación a nenos e mozos en risco de exclusión social. En 2010 abrín en  Anantapur, India, unha escola de tenis co mesmo fin e en 2016 inaugurei en Mallorca un instituto de alto rendemento para novos tenistas. 

Como deportista sempre quero gañar, pero cando un esfórzase e loita non está obrigado a máis. O máis importante é ser boa persoa e ter amigos que che queiran de verdade.

Rafa Nadal está considerado como un dos mellores deportistas e tenistas da historia e o mellor de todos os tempos en pistas de terra batida. Ademais dos seus logros na pista (18 títulos de Gran  Slam, 63 títulos ATP World Tour, 4 títulos de Copa Davis e Ouro nos xogos olímpicos de Pequín 2008), Rafa Nadal conseguiu as Medallas de Ouro ao Mérito Deportivo e no Traballo e dúas veces o Premio Nacional do Deporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal