Traducir

Visitantes

O disco de Newton. De qué cor é a luz??

Ola peques!! Nesta clase imos descubrir cal é a cor da luz! Vos qué diríades?? Amarela?? Branca?? Pois non!! A luz está composta por a mezcla de todas as cores do arco da vella! Sí, sí, como escoitades!! Que non o creedes?? Pois imos facer un experimento e xa veredes como quedades todos convencidos.

O experimento chámase o disco de Newton. Para aqueles que non coñezcan a Isaac Newton deixamos un pequeno vídeo resumo da súa vida e dos seus importantes descubrimentos, que xa adiantamos, non son poucos!!

Resumo dos descubrimentos de Newton

Isaac Newton


 No seguinte vídeo podedes ver o momento no que Newton descubre que a luz descomponse en varias cores:
 A descomposición da luz ( fragmento de "Érase unha vez...")

 Hoxe faremos un disco máxico que demostrará que a la luz blanca en realidade non é máis que a suma de todas as cores de arco da vella.


Para facer o noso disco imos precisar:

-Cartón ou Cd
-Pinturas ou rotuladores
-Regra.
-Tesoiras
-Cordón

De seguido deixamos un video tutorial onde podedes ver paso a paso da construcción do disco:

Disco con cartón e corda


Todavía vos preguntades que ten que ver isto ca fotografía??? Pois pode que teñades que volver a primeira lección!! Sen luz non hai fotografía! E que menos entender cómo funciona a luz é saber a súa composición para comenzar a facer fotos, non???

Agora que tedes o disco construído podedes aproveitar para practicar e sacarlle alghuna foto en movemento: pídelle a outra pesona que faga xirar o disco e saca unha foto. Repite a foto pero esta vez activa o flash, notas algunha diferencia??? 
Será xenial se as compartes con nos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal