Traducir

Visitantes

O deporte 7: Fierljeppen

Ola nenos e nenas! Hoxe queremos ensinarvos un deporte cun nome case impronunciable: Fierljeppen que é a unión de saltar (jeppen) o máis lonxe (fier)





Este deporte loco ten orixe en Holanda e consiste en salatar ríos cunha vara de 15m de alto, nin máis nin menos!

A historia deste deporte e moi curiosa xa que nace da necesidade dos gandeiros dos Países Baixos por cruzar os numerosos ríos que se interpoñían entre as súas terras de cultivo. A rexión de Frisiosajona caracterízase polo baixo nivel da terra o que provoca que as súas terras se inunden. É tal a cantidade de cauces que deixa a xeografía holandesa que sae máis rentable saltalos con varas de madera que construír pontes. Así que co obxetivo de desprazarse dun punto a outro do campo, os agricultores e gandeiros da zona idearon un sistema que lles permitía sondear az zonas inundadas: clavando un largo pao de madeira no auga e facendo uso de toda a súa potencia muscular: fai falta coller impulso, agarrarse na vara e unha vez no aire ir subedo por ela para coller altura.



Hoxe en día os deportistas profesionais que se dedican a este deporte saltan distancias moito máis grandes das que se enfrentaban os gandeiros da época xa que ponen chegar a saltar ata 20 metros!!


Aquí deixamos uns vídeos para que podades ver exactamente en qué consiste este deporte:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal