Hoxe a cousa vai de zancos!
PROBA MENTE EN FORMA: Zancos co material reciclado
Imos construir uns ZANCOS co material reciclado que atoparemos na nosa casa sen dificultade.
Materiales:
- 2 latas de tamaño mediano (poden ser de Nesquik por exemplo, ou de algunha conserva...)
- Algo punzante para facer dous buratos na lata.
- Corda ou cordón.
- Material para decorar a lata: podes usar pinturas ou tamén podes usar papeles para pegalos e decoralos, como fan no seguinte video tutorial: Cómo facer uns zancos con latas.
Para aqueles que non dispoñan de latas propoñemos:
-Tubos de patatas pringels ou de cartón duro. Dous tubos por cada pé.
-Tacos de madeira.
- Cartón ou revistas e periódicos vellos: podemos recortalos do tamaño do pé, logo temos que apilalos ata coller unha altura e atalos cunha corda.
PROBA CORPO EN FORMA: Carreira de zancos
Agora que temos todos e todas os nosos zancos feitos cas nosas propias mans, só queda poñerlos a proba. Para iso imos construir un circuito con diferentes obstáculos a superar....a ver quén é máis rápido!
La familia Ces Sanchez, no puede realizar este reto poque no tiene material para realizarlo
ResponderEliminar