INMA SHARA
Chámome Inmaculada, aínda que todos chámanme Inma, e son directora de orquestra. Nacín en Amurrio (Áraba), nunha familia namorada da arte en todas as súas facetas. Desde moi pequena tiven contacto coa danza, a pintura..., ata que con catro anos empecei a estudar e practicar música e elixina entre todas as demais disciplinas artísticas. Toquei o piano e viólaa, pero o que de verdade espertou o meu desexo foi dirixir unha orquestra. Aos dezaseis anos elixín a batuta como instrumento e aprendín cos mellores directores de orquestra. Non deixei de aprender e de estudar desde entón.
Unha orquestra é como un ser vivo. Cada músico, cada instrumento, toca a súa partitura. E o director coordina todo, o xunta e pono en movemento para que ese ser vivo camiñe, baile, viva. Eu dirixo coas mans, co corpo, con todo o meu ser. Fúndome coa orquestra. Por iso visto de negro sempre no escenario, porque o importante non son eu, senón a música.
Con vinte e sete anos dirixín a miña primeira orquestra; con dez máis, fun a primeira muller en dirixir un concerto no Vaticano. Concedéronme premios dentro e fóra de España, porque non é fácil chegar ata onde eu cheguei. Pero non me esquezo dos que non tiveron tanta sorte. Sempre axudo en causas solidarias, dirixo concertos que conciencien aos máis afortunados de que hai outras persoas no mundo que nos necesitan.
A miña vida é a música, é o soño que nunca pensei que fóra a cumprirse. Agora sei que ás veces os soños, con paciencia e esforzo, cúmprense.
Inma Shara é unha das directoras de orquestra máis reputadas do mundo. Dirixiu algunhas das sinfónicas españolas e internacionais máis importantes. En 2009 recibiu o Premio á Excelencia Europea, en recoñecemento a toda unha vida dedicada á música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario