Traducir

Visitantes

MARGARITA SALAS

Esta semana coñecemos a: 

      MARGARITA SALAS



Chámome Margarita e son científica. Nacín en Canero, un pobo de Asturias. O meu pai era médico e a miña nai mestra, así que, cando quixen ir á universidade, apoiáronme. Naquela época poucas mozas ían á universidade, pero os meus pais quixeron que a miña irmá, o meu irmán e eu tivésemos as mesmas oportunidades, sen importar se eramos mozos ou mozas.

Estudei Ciencias Químicas en Madrid e coñecín a Severo Ochoa, un investigador moi importante que gañou o Premio Nobel. Grazas a él funme a Estados Unidos para seguir aprendendo e investigando e volvín a España para traballar co que aprenderá. Todo empezou cando descubrín un virus pequeño, o "Phi29", que acabou convertido nun dos maiores logros da ciencia, porque nos axudou a comprender un pouco mellor o ADN humano, unha molécula diminuta que contén toda a información de como somos e que axuda a previr e curar enfermidades, a coñecer a nosa historia a través dos descubrimentos arqueolóxicos e ata a usa a policía para identificar as persoas. 

Aínda que gran parte do meu traballo desenvolveuse nun laboratorio, tamén dou clases para que otros mozos poidan investigar e coñecer ese mapa que é o ADN. Nomeáronme académica da Real Academia Española - porque a ciencia utiliza as palabras e é moi importante usalas ben- e doutras academias moi prestixiosas dentro e fóra de España. E déronme moitos premios, pero non creo que eu sexa especial, só son alguén que goza co que fai. Alguén como ti. 

E todo isto tan grande empezou cun virus pequeno e cunha persoa, tamén pequena, que quería estudar, sen que importase se era mozo ou moza.

Margarita Salas, a científica española máis importante do século XX e pioneira mundial en bioloxía molecular, é recoñecida internacionalmente por posibilidar coñecer máis a fondo o funcionamento do ADN. Recibiu o Premio ao Inventor Europeo 2019.





Quen será @ seguinte?????????





RETO 4

Moi boas nenos, nenas e familias!! xa estamos no reto 4... o estades a facer xenial 🙌 sigamos...


PROBA MENTE EN FORMA: "ELIMINANDO O VIRUS"

Para comezar necesitarás:
  • Un bolígrafo ou rotulador.
  • Un bowl, recipiente ou cunca...
  • Lentellas, garavanzos, contas (avalorios) ou o que se vos ocurra para contar.

De seguido terás que pedirlle a quen estea contigo que che debuxe un Coronavirus na antepalma das mans. 



O reto consiste en eliminar o virus lavando moito as man con auga e xabón. Douche catro pautas para eliminalo máis rápido: 

1. Frotar ben as palmas das mans.


2. Frotar ben a antepalma das mans.




3. Frotar os dedos.




4.Frotar ben o dedo Pulgar de cada man.





Para que sirven as cuncas... e os obxectos que elexichedes? 

Moi sinxelo!! cada vez, ó terminar de lavar as mans, terás que lembrarte de poñer un obxecto (garavanzo, lentella...) na cunca, bowl...




O final terás que contar cantos obxectos hai na cunca para saber as veces que lavaches as mans para eliminar o Coronavirus, e cando os contedes decirnos o resultado.


Sinxelo non? Veña, a lavarse as mans!!!



PROBA CORPO EN FORMA: "A MOVER O ESQUELETO"

Sabíades que... bailar acaba co aburrimento, a tristeza e o estrés!!

Por iso a seguinte proba consiste en aprender unha coreografía da canción "I like to move it"




animémonos e movamos todos o esqueleto!!


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

CLASIFICACIÓN XERAL: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.

Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Isto supón pasar da barreira dos 4.000 puntos en só 7 días. Puntos que se traducen en Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus"


A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante:





MOI BEN CEIP SAN PEDRO DE VISMA!!!🙌

Resposta Reto 3

Por aquí os deixamos a participación do Reto 3! 

Bravo por todas as familias!! 

 

 

O Ascensor de Caramelos: Un reto moi divertido para xogar un pouco en familia!





 


Os ascensores ben cargadiños de doces!! Menudos premios por reto superado!!

 


 E agora un pouquiño de Ioga en boa compañía!!

Ademáis de divertido é moi relaxante! 






Esperamos que disfrutárais moito con estas dúas actividades!

Vémonos no Reto 4!

 

RETO 3

Moi boas familias! Hoxe traemos uns retos novos para manter a cabeciña e o corpo en forma!


PROBA MENTE EN FORMA: O ascensor de caramelos.


Xa sabemos que o importante para non contaxiarnos do virus, ademáis de non saír de casa, é lavarnos moi ben as mans! Imaxina que as túas mans non están limpas, non tes agua para limpalas e morres por un bocado dulce! Pois hoxe imos construír un ascensor de caramelos onde non poderemos usar a mans para levar os doces a boca!

O xogo consiste en construir un ascensor casero que subirá dende o chan ata nosa boca, a nosas orellas serán ás encargadas de facer de polea e as nosas mans terán a misión de subir os caramelos sen que caigan o chan.



Para levar a cabo a nosa construcción precisaremos:
- 2 lápices do mesmo tamaño.
- Celo ou cinta.
- Corda ou cordón.

Instruccións para fabricar o ascensor:

1.Terás que xuntar os dous lápices e en cada extremo con un pouco de celo ou cinta  formar unha especie de base plana para posar os nosos caramelos.

2. En cada extremo da nosa base, é dicir, nos extremos dos lápices que xuntamos no paso anterior, teremos que atar ou pegar con cinta dous pedazos de corda ou cordón de 1 metro de longo cada unha, aproximadamente.







3. Listo! Xa temos o noso ascensor!

Agora subimos os doces na base do ascensor e pasamos as cordas por detrás das nosas orellas, agarramos os extremos do cordón e intentamos mantener a base recta para que os caramelos non caigan o chan, e subimos moi despaciño ata chegar a nosa boca! O importante do reto non é que o consigas, se non que che divertas intentándoo!

*Na base podes poñer caramelos, golosinas, trociños de galletas ou chocolate! A teu gusto!

Nos seguintes enlaces podes ver uns exemplos do reto:

Ascensor de caramelos. Exemplo1
Ascensor de caramelos. Exemplo2.



PROBA CORPO EN FORMA: Ioga animal.



Todos sabemos que estamos pasando uns momentos un tanto difíciles: estar tanto tempo na casa pode ser un pouco aburrido, non poder ver a nosos amigos e non saír o parque a mover un pouco o corpiño e desfogar toda esa enerxía que temos dentro! Por iso, hoxe traemos unha actividade que ademáis de manternos en forma é moi boa para relaxarnos e centrarnos en nós mesmos.

Aconsellamos buscar un espacio cómodo e por de fondo unha música relaxante.
Imos comenzar co Ioga Animal! Faremos unhas posturas que semellan a animais marinos, divertido, verdade?? Pois comezamos!

Postura da tartaruga:

Sentados no chan coa espalda recta, dobramos os xeonllos e xuntamos os pes. O seguinte paso e inclinar o corpiño hacia diante e levar o brazo dereito por debaixo do xeonllo dereito, e o brazo esquerdo por debaixo do xeonllo esquerdo. Neste intre notarás como a túa espalda cúrvase formando o caparazón da tartaruga. Conta hasta trinta mantendo esa postura.



Postura do cangrexo:

Sentados no chan cos xeonllos dobrados e as mans apoiadas detrás do noso corpo cas palmas dan mans no chan. Chega o momento de empuxarnos cara arriba, como facendo a forma dunha caixa, cas plantas dos pes a as mans tocando o chan e ca cabeza mirando cara o ceo. Manteremos esta postura durante 5 segundos para logo facer uns pasiños de cangrexo, hacia diante e hacia atrás. Descansamos e repetimos o exercicio 3 veces.



Postura do tiburón:

Tumbados cara abaixo, brazos estirados os lados do corpo e as palmas das mans cara arriba. Miramos hacia diante, collemos aire e levantamos primeiro a cabeza e depóis os ombros. Estiramos os braziños hacia atrás e entrelazamos os dedos para facer a nosa aleta de tiburón. Mantemos esa postura 5 segundos, soltamos as mans e volvemos o chan. Repetimos 5 veces.



- Postura da estrela de mar:

Tumbados boca arriba, estirando as pernas, os brazos tamén estirados por encima da cabeza. Separamos as pernas e os brazos todo o que podamos para facer a forma da estrela de mar. Pechamos os ollos e quedámosnos quietos sen facer ningún ruído para ver se conseguimos escoitar as ondas do mar. Agora as pernas quedaránse onde están e levaremos a mans á tripa para fixarnos na nosa respiración. Collemos aire e sentimos como a tripa énchese e as nosas mans suben. Soltamos o aire e a tripa vacíase e as nosas mans van baixando. Repetimos tres veces más e logo sacudimos pernas e brazos á vez!



Terminouse a sesión de Ioga Animal! 

Neste enlace podes ver nun video a sesión completa:
Ioga Animal


Xa tes os dous retos cumplidos?? Sí?? Pois agora a túa misión e convecer o resto da familia para que o fagan tan ben coma ti e así conseguir máis puntos!!

Lembra! 

Envía unha foto de cada proba a noso correo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o Coronavirus. Ah! e se o que envías é un vídeo de cada proba o premio será 20 puntos e 20 "antivirus". Atrésvesche?? Fácil non?? POIS ADIANTE!

Resposta Reto 2



#QuédateEnCasa, dibuxando, bailando, facendo deporte, xogando, creando, rindo, compartindo...

en familia, e máis divertido...

Imos a fume de carozooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!!


ole, ole y oleeeeeeeee


que grandes!!!!!!!!!!!!!!


 Antía atopou a vacina e ti??????????



moi ben Hugo e familia!!!!!!!!!!!!!!!!



irmáns ao poder!!!!!👍👍👍👍



en familia xógase mellor verdade??????

Veña que isto non pareeeeeeee!!!!!!!

RETO 2


Para as probas de hoxe é necesario que participe toda a familia así que, IMOS ALÁ. Hoxe deberemos converternos en científicos e buscar a vacina escondida, para iso é necesario seguir as seguintes instrucións. Moita sorte!!!!!!!!!


PROBA MENTE EN FORMA: "@s científic@s"



Para a primeira proba, tedes que crear dúas matraces de laboratorio como os de abaixo e  colorealos cada un dunha cor distinta.  A continuación, debuxardes tantas lupas como participantes teña o reto, é dicir, se participades 4 debuxardes 4 lupas.                          



Unha vez feito isto, tedes que formar equipos para o seguinte reto. Cada un dos equipos terá un matraz e as lupas correspondentes. Podedes pintarvos as caras coa cor do voso equipo, facer brazaletes....toda clase de distintivos para os vosos equipos, imaxinación ao poder. 

E pensaredes, todo isto para que? Pois moi sinxelo, imos xogar a continuación no seguinte reto a unha variante de atrapa a bandeira.

CORPO EN FORMA: “ATRAPA A VACINA”


A continuación, cada grupo deberá esconder o seu  matraz en algures da casa, armario, caixón, debaixo dun coxín…; sen que o outro equipo véxao. Unha vez escondidos, cada compoñente do grupo collerá a súa lupa e a buscar a vacina!!!!!!!.
                              
LEMBRA:
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o Coronavirus. Ah!!! e se o que envías é un vídeo de cada proba o premio será 20 puntos e 20 "antivirus". Atrévesche????? Fácil non???? POIS ADIANTE.........

Resposta Reto 1

#QuédateEnCasa, dibuxando, bailando, facendo deporte, xogando, creando, rindo, compartindo...

en familia, e máis divertido...


         





MOI BEN DAVID!


ELES O  ENTENDERON







Verdade Pedro??? 😀

MOITAS GRAZAS, ÁNIMO!!


RETO 1


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"


Este é un lema que debemos ter presente ao largo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos.

Empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes. 

O reto consiste en facer visible o lema #QuédateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra. 

PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa, propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día: 


  • Exercicio 1: de pié e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés e contar ata tres. Repetir 10 veces.
  • Exercicio 2: de pé e coas mans na cintura xirar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
  • Exercicio 3: de pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
  • Exercicio 4: de pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
  • Exercicio 5: de pé e coas mans na cintura xirar a cabeza á ezquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Lembra enviar unha foto de cada proba o noso correo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o Coronavirus. 
Ah!! e si o que envías e un vídeo de cada proba o premio será 20 puntos e 20 "antivirus". 


Atréveste??? ¿Sinxelo non? Pois adiante...



Se estás interesado en que se publique a resposta de teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9 

XAQUE AO VIRUS

XOGO VIRTUAL
JAQUE MATE AL VIRUS


É unha proposta en liña para a promoción da saúde física e mental adaptada á situación de confinamento familiar na que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo Coronavirus. Esta proposta está dirixida a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte no centro", "Ocio Educativo" e "Luditarde", co fin de seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

Obxectivo do xogo

O xogo consiste en superar diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o Coronavirus e avanzar nas posicións da clasificación xeral.

Cales son os retos?

Son probas sinxelas que tes que pasar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas: 

- Proba CORPO EN FORMA: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que podes facer na casa.

- Proba MENTE EN FORMA: serán tarefas que fomentarán o desenvolvimiento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as farás facilmente.

Os retos publicaranse no blogue di xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 do mediodía.

TEN 36 HORAS PARA REALIZAR CADA DESAFÍO

Como superar os retos?

É moi sinxelo, só tes que enviar unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico desde blogue: fapasanpedrodevisma@gmail.com





ATRÉVETE! 





UNIDOS VENCEREMOS

Páxina principal