Traducir

Visitantes

RETO 4

Moi boas nenos, nenas e familias!! xa estamos no reto 4... o estades a facer xenial 🙌 sigamos...


PROBA MENTE EN FORMA: "ELIMINANDO O VIRUS"

Para comezar necesitarás:
  • Un bolígrafo ou rotulador.
  • Un bowl, recipiente ou cunca...
  • Lentellas, garavanzos, contas (avalorios) ou o que se vos ocurra para contar.

De seguido terás que pedirlle a quen estea contigo que che debuxe un Coronavirus na antepalma das mans. 



O reto consiste en eliminar o virus lavando moito as man con auga e xabón. Douche catro pautas para eliminalo máis rápido: 

1. Frotar ben as palmas das mans.


2. Frotar ben a antepalma das mans.




3. Frotar os dedos.




4.Frotar ben o dedo Pulgar de cada man.





Para que sirven as cuncas... e os obxectos que elexichedes? 

Moi sinxelo!! cada vez, ó terminar de lavar as mans, terás que lembrarte de poñer un obxecto (garavanzo, lentella...) na cunca, bowl...




O final terás que contar cantos obxectos hai na cunca para saber as veces que lavaches as mans para eliminar o Coronavirus, e cando os contedes decirnos o resultado.


Sinxelo non? Veña, a lavarse as mans!!!



PROBA CORPO EN FORMA: "A MOVER O ESQUELETO"

Sabíades que... bailar acaba co aburrimento, a tristeza e o estrés!!

Por iso a seguinte proba consiste en aprender unha coreografía da canción "I like to move it"




animémonos e movamos todos o esqueleto!!


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal