MARGARITA SALAS
Chámome Margarita e son científica. Nacín en Canero, un pobo de Asturias. O meu pai era médico e a miña nai mestra, así que, cando quixen ir á universidade, apoiáronme. Naquela época poucas mozas ían á universidade, pero os meus pais quixeron que a miña irmá, o meu irmán e eu tivésemos as mesmas oportunidades, sen importar se eramos mozos ou mozas.
Estudei Ciencias Químicas en Madrid e coñecín a Severo Ochoa, un investigador moi importante que gañou o Premio Nobel. Grazas a él funme a Estados Unidos para seguir aprendendo e investigando e volvín a España para traballar co que aprenderá. Todo empezou cando descubrín un virus pequeño, o "Phi29", que acabou convertido nun dos maiores logros da ciencia, porque nos axudou a comprender un pouco mellor o ADN humano, unha molécula diminuta que contén toda a información de como somos e que axuda a previr e curar enfermidades, a coñecer a nosa historia a través dos descubrimentos arqueolóxicos e ata a usa a policía para identificar as persoas.
Aínda que gran parte do meu traballo desenvolveuse nun laboratorio, tamén dou clases para que otros mozos poidan investigar e coñecer ese mapa que é o ADN. Nomeáronme académica da Real Academia Española - porque a ciencia utiliza as palabras e é moi importante usalas ben- e doutras academias moi prestixiosas dentro e fóra de España. E déronme moitos premios, pero non creo que eu sexa especial, só son alguén que goza co que fai. Alguén como ti.
E todo isto tan grande empezou cun virus pequeno e cunha persoa, tamén pequena, que quería estudar, sen que importase se era mozo ou moza.
Margarita Salas, a científica española máis importante do século XX e pioneira mundial en bioloxía molecular, é recoñecida internacionalmente por posibilidar coñecer máis a fondo o funcionamento do ADN. Recibiu o Premio ao Inventor Europeo 2019.
Quen será @ seguinte?????????
No hay comentarios:
Publicar un comentario