Traducir

Visitantes

RETO 2


Para as probas de hoxe é necesario que participe toda a familia así que, IMOS ALÁ. Hoxe deberemos converternos en científicos e buscar a vacina escondida, para iso é necesario seguir as seguintes instrucións. Moita sorte!!!!!!!!!


PROBA MENTE EN FORMA: "@s científic@s"



Para a primeira proba, tedes que crear dúas matraces de laboratorio como os de abaixo e  colorealos cada un dunha cor distinta.  A continuación, debuxardes tantas lupas como participantes teña o reto, é dicir, se participades 4 debuxardes 4 lupas.                          



Unha vez feito isto, tedes que formar equipos para o seguinte reto. Cada un dos equipos terá un matraz e as lupas correspondentes. Podedes pintarvos as caras coa cor do voso equipo, facer brazaletes....toda clase de distintivos para os vosos equipos, imaxinación ao poder. 

E pensaredes, todo isto para que? Pois moi sinxelo, imos xogar a continuación no seguinte reto a unha variante de atrapa a bandeira.

CORPO EN FORMA: “ATRAPA A VACINA”


A continuación, cada grupo deberá esconder o seu  matraz en algures da casa, armario, caixón, debaixo dun coxín…; sen que o outro equipo véxao. Unha vez escondidos, cada compoñente do grupo collerá a súa lupa e a buscar a vacina!!!!!!!.
                              
LEMBRA:
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o Coronavirus. Ah!!! e se o que envías é un vídeo de cada proba o premio será 20 puntos e 20 "antivirus". Atrévesche????? Fácil non???? POIS ADIANTE.........

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal