Traducir

Visitantes

XAQUE AO VIRUS

XOGO VIRTUAL
JAQUE MATE AL VIRUS


É unha proposta en liña para a promoción da saúde física e mental adaptada á situación de confinamento familiar na que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo Coronavirus. Esta proposta está dirixida a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte no centro", "Ocio Educativo" e "Luditarde", co fin de seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

Obxectivo do xogo

O xogo consiste en superar diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o Coronavirus e avanzar nas posicións da clasificación xeral.

Cales son os retos?

Son probas sinxelas que tes que pasar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas: 

- Proba CORPO EN FORMA: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que podes facer na casa.

- Proba MENTE EN FORMA: serán tarefas que fomentarán o desenvolvimiento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as farás facilmente.

Os retos publicaranse no blogue di xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 do mediodía.

TEN 36 HORAS PARA REALIZAR CADA DESAFÍO

Como superar os retos?

É moi sinxelo, só tes que enviar unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico desde blogue: fapasanpedrodevisma@gmail.com





ATRÉVETE! 





UNIDOS VENCEREMOS

1 comentario:

Páxina principal