Traducir

Visitantes

RETO 3

Moi boas familias! Hoxe traemos uns retos novos para manter a cabeciña e o corpo en forma!


PROBA MENTE EN FORMA: O ascensor de caramelos.


Xa sabemos que o importante para non contaxiarnos do virus, ademáis de non saír de casa, é lavarnos moi ben as mans! Imaxina que as túas mans non están limpas, non tes agua para limpalas e morres por un bocado dulce! Pois hoxe imos construír un ascensor de caramelos onde non poderemos usar a mans para levar os doces a boca!

O xogo consiste en construir un ascensor casero que subirá dende o chan ata nosa boca, a nosas orellas serán ás encargadas de facer de polea e as nosas mans terán a misión de subir os caramelos sen que caigan o chan.



Para levar a cabo a nosa construcción precisaremos:
- 2 lápices do mesmo tamaño.
- Celo ou cinta.
- Corda ou cordón.

Instruccións para fabricar o ascensor:

1.Terás que xuntar os dous lápices e en cada extremo con un pouco de celo ou cinta  formar unha especie de base plana para posar os nosos caramelos.

2. En cada extremo da nosa base, é dicir, nos extremos dos lápices que xuntamos no paso anterior, teremos que atar ou pegar con cinta dous pedazos de corda ou cordón de 1 metro de longo cada unha, aproximadamente.







3. Listo! Xa temos o noso ascensor!

Agora subimos os doces na base do ascensor e pasamos as cordas por detrás das nosas orellas, agarramos os extremos do cordón e intentamos mantener a base recta para que os caramelos non caigan o chan, e subimos moi despaciño ata chegar a nosa boca! O importante do reto non é que o consigas, se non que che divertas intentándoo!

*Na base podes poñer caramelos, golosinas, trociños de galletas ou chocolate! A teu gusto!

Nos seguintes enlaces podes ver uns exemplos do reto:

Ascensor de caramelos. Exemplo1
Ascensor de caramelos. Exemplo2.



PROBA CORPO EN FORMA: Ioga animal.



Todos sabemos que estamos pasando uns momentos un tanto difíciles: estar tanto tempo na casa pode ser un pouco aburrido, non poder ver a nosos amigos e non saír o parque a mover un pouco o corpiño e desfogar toda esa enerxía que temos dentro! Por iso, hoxe traemos unha actividade que ademáis de manternos en forma é moi boa para relaxarnos e centrarnos en nós mesmos.

Aconsellamos buscar un espacio cómodo e por de fondo unha música relaxante.
Imos comenzar co Ioga Animal! Faremos unhas posturas que semellan a animais marinos, divertido, verdade?? Pois comezamos!

Postura da tartaruga:

Sentados no chan coa espalda recta, dobramos os xeonllos e xuntamos os pes. O seguinte paso e inclinar o corpiño hacia diante e levar o brazo dereito por debaixo do xeonllo dereito, e o brazo esquerdo por debaixo do xeonllo esquerdo. Neste intre notarás como a túa espalda cúrvase formando o caparazón da tartaruga. Conta hasta trinta mantendo esa postura.



Postura do cangrexo:

Sentados no chan cos xeonllos dobrados e as mans apoiadas detrás do noso corpo cas palmas dan mans no chan. Chega o momento de empuxarnos cara arriba, como facendo a forma dunha caixa, cas plantas dos pes a as mans tocando o chan e ca cabeza mirando cara o ceo. Manteremos esta postura durante 5 segundos para logo facer uns pasiños de cangrexo, hacia diante e hacia atrás. Descansamos e repetimos o exercicio 3 veces.



Postura do tiburón:

Tumbados cara abaixo, brazos estirados os lados do corpo e as palmas das mans cara arriba. Miramos hacia diante, collemos aire e levantamos primeiro a cabeza e depóis os ombros. Estiramos os braziños hacia atrás e entrelazamos os dedos para facer a nosa aleta de tiburón. Mantemos esa postura 5 segundos, soltamos as mans e volvemos o chan. Repetimos 5 veces.



- Postura da estrela de mar:

Tumbados boca arriba, estirando as pernas, os brazos tamén estirados por encima da cabeza. Separamos as pernas e os brazos todo o que podamos para facer a forma da estrela de mar. Pechamos os ollos e quedámosnos quietos sen facer ningún ruído para ver se conseguimos escoitar as ondas do mar. Agora as pernas quedaránse onde están e levaremos a mans á tripa para fixarnos na nosa respiración. Collemos aire e sentimos como a tripa énchese e as nosas mans suben. Soltamos o aire e a tripa vacíase e as nosas mans van baixando. Repetimos tres veces más e logo sacudimos pernas e brazos á vez!



Terminouse a sesión de Ioga Animal! 

Neste enlace podes ver nun video a sesión completa:
Ioga Animal


Xa tes os dous retos cumplidos?? Sí?? Pois agora a túa misión e convecer o resto da familia para que o fagan tan ben coma ti e así conseguir máis puntos!!

Lembra! 

Envía unha foto de cada proba a noso correo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o Coronavirus. Ah! e se o que envías é un vídeo de cada proba o premio será 20 puntos e 20 "antivirus". Atrésvesche?? Fácil non?? POIS ADIANTE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal