Traducir

Visitantes

Lingua de signos. As cores

Ola nenos e nenas! Traemos un novo vídeo de lingua de signos. Nesta nova lección imos a aprender a signar as cores!! 


Ainda que as cores poden dicirse con moitos xestos diferentes, imos quedarnos con os que vedes no video.
Estade moi atentos!!



Unha praia con sorpresa

O conto da semana é....


UNHA PRAIA CON SOPRESA



 
Non había ninguén naquela praia que non oíse falar de  Pinzaslocas, terror de polgares, o cangrexo máis temido deste lado do mar. Cada ano algún turista descoidado levaba un bo tanto que lle quitaba as ganas de volver. Tal era o medo que provocaba nos bañistas, que a miúdo se organizaban para tentar cazalo. Pero cada vez que crían que o atrapaban reaparecían os beliscos uns días despois, demostrando que atraparan ao cangrexo equivocado.

O caso é que  Pinzaslocas só era un cangrexo con moi mal carácter, pero moi habilidoso. Así que, en lugar de esconderse e pasar desapercibido como facían os demais cangrexos, el ocultábase na area para preparar os seus ataques. E é que  Pinzaslocas era un pouco  rencoroso, porque de pequeno un neno pisáralle unha pata e perdíaa. Logo volvíalle a crecer, pero como era un pouco máis pequena que as demais, cada vez que a miraba sentía moitísima rabia.

Estaba a lembrar as maldades dos bañistas cando descubriu a súa seguinte vítima. Era un polgar  gordísimo e brillante, e o seu dono apenas se movía. Que fácil! así podería  pellizcar con todas as súas forzas. E lembrou os pasos: asomar, avanzar,  pellizcar, soltar, retroceder e ocultarse na area de novo. A por el!

Pero algo fallou.  Pinzaslocas atascouse no cuarto paso. Non había forma de soltar o polgar. O belisco foi tan forte que atravesou a pel e atascouse na carne. Carne? Non podía ser, non había sangue. E  Pinzaslocas comprendeuno todo: caera nunha trampa!

Pero como sempre  Pinzaslocas estaba a esaxerar. Ninguén fora tan listo como para prepararlle unha trampa cun pé falso. Era o pé falso de Beira, unha nena que perdera a súa perna nun accidente cando era pequena. Beira non se deu conta de que levaba a  Pinzaslocas colgado do seu dedo ata que saíu da auga e púxose a xogar na area. A nena soltou ao cangrexo, pero este non escapou porque estaba morto de medo. Beira descubriu entón a pata pequeniña de  Pinzaslocas e sentiu pena por el, así que decidiu axudalo, preparándolle unha casiña estupenda con rocas e buscándolle  bichitos para comer.

Miúdo festín! Aquela nena si sabía coidar a un cangrexo. Era alegre, divertida e, ademais, devolveuno ao mar antes de irse.

- Que nena máis agradable -pensou aquela noite- gustaríame ter tan bo carácter. Se non tivese esta  patita curta…

Foi xusto entón cando se deu conta de que a Beira non lle volvía a crecer a súa perna, e iso que os nenos non son como os cangrexos e teñen só dous. E aínda así, era un encanto. Decididamente, podía ser un cangrexo alegre aínda que lle pasasen cousas malas.

O día seguinte, e todos os demais daquel verán,  Pinzaslocas atacou o pé de Beira para volver xogar todo o día con ela. Xuntos aprenderon a cambiar os beliscos por cóxegas e o mal carácter por bo humor. Ao final, o cangrexo de Beira fíxose moi famoso naquela praia aínda que, iso si, ninguén sospeitaba que fose o  mismísimo  Pinzaslocas. E mellor que fóra así, porque por alí quedaban algúns que aínda non aprenderan que non é necesario gardar rancor e ter mal carácter, por moi forte que un cangrexo che  pellizque…

INVITACIÓN DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO

Boas tardes familias, informarvos que estamos convidado a pasar un intre agradable de charla y exercicio físico co CEIP Rosalía de Castro e co o seu convidado especial Xesús Ferreiro (4 veces campión de boxeo, a nivel nacional)

A cita é mañá as 18h. a través de Zoom. 

Para máis información deixamosvos a ligazón do blogue do CEIP Rosalía de Castro:

https://fapasrosaliadecastro.blogspot.com/2020/04/convidado-xesus-ferreiro.html

💬E se queredes participar podedes deixarnos un comentario ↓↓


RETO 17

Novo reto a la vistaaaaaa!!!!!!!!

PROBA MENTE EN FORMA "DELETREA"

Este reto consiste en escribir nun papel o teu nome en letras maiúsculas. Que fácil non? Imos complicalo un pouco  jajajajaja
Agora con cada letra do teu nome tes que buscar un obxecto/xoguete que empezo por esa letra e colocalo debaixo da súa letra correspondente como no exemplo da foto.
A ver que se vos ocorre!!!!


PROBA CORPO EN FORMA "POR ARRIBA E POR ABAIXO"

Este reto consiste en que un dos  papis ten que estar no chan, coma se fóra a facer unha flexión e o peque ou a peque debe pasar por baixo do  papi ou  mami. Unha vez que pasase por baixo, o  papi ou a  mami tómbase e o peque sáltao e volta a empezar. Teredes que repetilo un mínimo de 5 veces. Deixámosvos un vídeo a modo de exemplo.
Seredes capaces??






Veña comezamos en 3, 2, 1..............

Respostas Reto 16

Mirad que animais máis chulos d@s nen@s do San Pedro de Visma!!

















Sodes uns artistas!!💓



...e as carretillas divertidas👏😂













🙌

Obradoiro de fotografía. Cazando cores.

Boas a todos e todas!! Hoxe traemos un xogo fotográfico onde seredes cazadores, cazadores de cores!!

 Este xogo é un exercicio de observación, para entrenar os nosos ollos!

O primeiro que ides facer e pedirlle permiso a mamá ou papá para usar a cámara fotográfica dispoñible. Se non tedes cámara podedes usar a do móvil que vale perfectamente. E importante que quitedes o flash, para iso tedes que ir a opción que ten un raio e escoller a que está o raio tachado.  

O seguinte paso e poñernos mans a obra, o meior dito, ollos a obra: durante todo o día fixarémosnos en todas as cousas amarelas que encontremos e sacarémoslle unha foto.
O obxeto fotografiado ten que ocupar case toda a fotografía pero tamén ten que estar á suficiente distancia para que os demáis, ó ver a foto, poidan saber de que obxeto se trata. É dicir: intentaremos tomar fotos na que se vexa todo o amerelo posible, pero que o obxeto se siga recoñecendo.

Cando teñamos feitas todas as fotos, pediremos de novo axuda a mamá ou papá para entrar en internet, buscaremos a páxina www.collage.es e faremos un mosaico con todas as tomas como o que vedes na imaxe de abaixo.


Para usar esta ferramente online deixamos uns pasos con imáxenes explicativas. Podedes facelo directamente desde o móvil.

O primero e entrar na páxina (https://www.collage.es/) e temos que agregar as nosas fotografías. Para iso pincharemos no correspondente botón, redondeado en cor vermella na foto:


Esta acción nos levará a nosa galería, e dende alí poderemos sellecionar as nosas fotos amarelas.Unha vez seleccionadas lle damos a "Listo". Cando estean subidas a aplicación prenderemos no botón "AutoCollage":


Con ésta opción podedes ver que as nosas imáxenes son ordenadas automáticamente, así que listo!! Xa temos o no mosaico amarelo terminado!! Só nos falta gardar a nosa imaxe. Para iso prendemos no botón Collage, e veremos que nos sae un menú despegable, escolleremos a opción "Gardar imaxe como sd".




O último paso e poñerlle un nome ó noso collage, gardar a imaxe e listo!!


Cando termine o día daremosnos conta de que todos os días pasamos por diante dun montón de cousas amarelas pero non nos paramos a observalas

Esperamos que o pasárades ben neste safari fotográfico!! Se queredes mandar os vosos collages estaremos encantadas de velos! E ademáis, suman puntos!!
 


CLARA CAMPOAMOR

Esta semana coñecemos a....



CLARA CAMPOAMOR


A defensora das mulleres

Chámome Clara e son feminista, política, avogada, escritora... É difícil elixir unha soa actividade que me defina. Nacín en Madrid, cando non había metro nin autobuses, só uns tranvías tirados por mulas.

Gustoume estudar, pero morreu o meu pai e tiven que traballar para axudar á miña nai, así que non entrei na universidade ata que cumprín trinta e tres anos. Terminei a carreira de Dereito e traballei de avogada, aínda que a algún lles sorprendese moito. Estudara para defender a xustiza e, sobre todo, a quen non podían defenderse. 

Naquela época, as mulleres non podían votar. A lei dicía que non eramos responsables, que non tiñamos os mesmos dereitos que os homes. Pero cando en 1931 aprobouse unha lei pola que si podiamos presentarnos ás eleccións para o Congreso, dei un paso á fronte. Só tres mulleres conseguimos que nos elixisen.

Loitei pola igualdade de dereitos e, aínda que me custou moitas discusións ata cos meus compañeiros de partido, conseguín que se aprobase o sufraxio universal, é dicir, que homes e mulleres puidesen votar en igualdade de condición.

Cando, uns anos despois, estalou a Guerra Civil, tiven que marcharme a Arxentina e logo a Suíza, porque as miñas ideas non eran aceptadas pola ditadura que gobernaba España e xa nunca puiden volver. Pero, sei que hoxe as mulleres poden votar grazas a que eu, a que outras mulleres comigo, demos aquel paso. E que todo valeu a pena.

Grazas a Clara Campoamor, o 19 de novembro de 1933, as mulleres votaron nunhas eleccións xerais por primeira vez na historia de España.

RENCONTRO DENDE CASA

Bó comezo de semana familias👦👧👨👩 

Hoxe deixámosvos as datas da semana para as vídeochamadas:
  1. Martes 28 de Abril as 17:00 h.
  2. Xoves 30 de Abril as 17:00 h.


💭Lembrade: se xa estades inscritos, vos chegará unha notificación e se aínda non estades inscritos, completade o formulario picando na seguinte ligazón:


RETO 16

OLA NENOS, NENAS E FAMILIAS!! HOXE COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA, CADA VEZ ESTAMOS MÁIS PRETO DE CONSEGUILO...SIGAMOS!!!


PROBA MENTE EN FORMA: "OS ANIMAIS"

Con ista proba queremos resaltar a importancia dos animais e a natureza en xeral. 

Precisades:
  • Tubo de cartón do papel hixiénico.
  • Cores
  • Rotus
  • Papeis de cores
  • Pegamento
  • Tesoiras
  • E calquer outro material para decorar: fíos de cores, ollos de plástico, limpia pipas...
Agora ímosvos deixar algúns exemplos para que escollades o animal que máis vos guste: 









Tamén podedes crear outros animais que vos gusten. E ti cal elexiches?...


PROBA CORPO EN FORMA: "A CARRETILLA"

Precisades:
  • Latas, botellas de plásticos ou outros obxectos que farán de obstáculo.
Desenvolvemento do xogo:

  • Necesítanse dúas persoas ou máis para xogar.
  • Establecer o punto de partida e o final do percorrido, colocando as marcas respectivas con cinta no chan.
  • O neno ou nena ubicarase en posición de carretilla (coas mans no chan), mentres que a outra persona o collerá dos tobillos e o/a elevará.
  • Pódense realizar distintas variantes: en liña recta cara adiante, en liña recta cara atrás, en zigzag (cara adiante/atrás) ou dando unha volta en cada obstáculo.






CLASIFICACIÓN XERAL

Estreamos semana de paseos. Pero hai tempo para facer os retos e seguir sumando puntos para o vosos colexios. Moito ánimo!!


Respostas Reto 15

Ola!!!! Deixámosvos un video cas respostas ó reto 15, que como xa sabedes estaba orientado á lectura polo do Dia do libro.
Que sepades que encantaronos os vosos marcapáxinas: sodes todos uns artistas increíbles!!  Tamén gustounos moito ver como representabades o conto! 
O fixéchedes xenial, coma sempre!!! 




Cesta Punta ou Jai Alai

Ésta semana vos presentamos un deporte curioso e espectacular!!

A cesta punta o Jai Alai 



 A orixe deste deporte e vasca. O nome provén do euskera "zesta punta" ou punta de cesta. Tamén chámase Jai Alai ou festa alegre en euskera.



É unha modalidade de pelota vasca que practícase cunha cesta de vimbio na que se colle a pelota, se toma impulso e se lanza cara o frontón.  Está considerado o deporte máis rápido do mundo e tamén é unha actividade de riesgo, xa que a pelota que ten un núleo de pedra, alcanza velocidades de 250km/h, é por eso que os pelotaris, que así chámanse estes deportistas, vaian protexidos con cascos e una rede protexa o público do espazo de xogo.

cesta de vimbio usada neste deporte

 Deixamos un vídeo explicativo onde veremos cómo se xoga, e o difícil qu é facelo!! 



El Mundo de UZ - Escape Room Virtual

Este e un xogo cooperativo e para teredes que formar un equipo con tod@s as personaxes xa que cada unha ten diferentes misións e complementarias para o éxito da misión. 

Se queredes xogar, elixe o teu, escribe o teu e-mail e recibiredes unha mensaxe coas instruccións específicas de ise personaxe.



     (picar)


NORMAS PARA SALIR DE CASA

HOLA NENOS, NENAS E FAMILIAS. COMO XA SABEDES A PARTIR DO DOMINGO PODEREDES SAÍR DE CASA COS MÁIS PEQUEN@S, POR ISO DEIXÁMOSVOS UNHAS NORMAS PARA PREVER E SEGUIR SANS. 

Só debedes picar na imaxe...

Oso goloso y las normas para salir de casa


Lembrade que ata agora estámolo conseguindo e debemos seguir así de UNIDOS

Un elefante

Hoxe aprendemos a debuxar…

Un elefante


1. Debuxa unha cabeza cadrada pero deixa un hoco. 



2. Dúas orellas enormes.

3. Unha línea para facer o corpo e un lomo encorvado.


4. Catro patas.



5. Unha trompa.


6. E por último, non esquezas as arrugas da trompa, a boca, a cara e un rabo. 


Lembra que se nos envías fotos ou vídeos, sumaremos máis puntos á clasificación xeral

Reto 15


Boas peques!! Como sabesdes, onte foi o día do libro, por ese motivo hoxe os retos están relacionados cos libros📚!!


PROBA MENTE EN FORMA: Marcapáxinas esquineiro!!

O marcapáxinas, punto de libro, punto de lectura...é un obxeto de grosor fino, normalmente de papel ou cartulina e úsase para marcar á páxina na que nos quedanos na lectura e así poder voltar a ela con facilidade.

Nos faremos o noso marcapáxinas personalizado, e ademáis o noso será moi orixinal xa que será un marcador esquineiro!



Como podedes ver nas fotos, quedan xenial nos libros, e a personalización é infinita, poderemos facer a figura que queramos! A continuación déixovos un vídeo explicativo, no cal non só aprenderemos a facer o señalador se non que nos dará moitas ideas para personalizalo! Se non tes papel de cores, podedes colorear calquera folla en branco.

Cómo facer un marcapáxinas esquineiro

PROBA CORPO EN FORMA: Conto xogado!

Este conto é unha historia diferente, xa que non temos que leer. Serán os nosos pais e nais os que narren a historia e os nenos temos que representala según as instruccións que nos vaian dando!

Nos seguintes enlaces temos diferentes contos xogados!! Podedes facelos todos o ben escoller o que máis che guste!

Paquito o pallaso  (este conto termina imitando como o pallaso píntase a cara. Se vos apetece, podedes deixarlles pinturas de cara e un espello para que o fagan de verdade!)

A rá que non sabía saltar. (é un audio de youtube onde contan a historia de unha rá que non sabe saltar. A idea é que os nenos vain imitando os momentos que vanse narrando: saltar, xirar, reptar coma a serpe, nadar como os peixes....)

Gotiñas por un día ( Audio de youtube que narra un conto onde os nenos son gotiñas de auga. Vai facendo paradas e indicando o que os rapaces deben facer)


Esperamos que disfrutedes cas actividades do reto! Xa temos gañas de ver as vosas fotos e videos!! Que pasedes un bó fin de semana!


Respostas Reto 14

Aquí veñen as respostas do noso reto 14!!!!!!!!!!


Antía e familia









Clara e Sofía 






Sabela



Hugo e familia






Javi e Pablo 







Rodrigo e familia










Inés, Teo e familia














Coma sempre XENIAL!!!!!!!!!👏👏👏👏👏👏👏


Páxina principal