Esta semana coñecemos a....
CLARA CAMPOAMOR
A defensora das mulleres
Chámome Clara e son feminista, política, avogada, escritora... É difícil elixir unha soa actividade que me defina. Nacín en Madrid, cando non había metro nin autobuses, só uns tranvías tirados por mulas.
Gustoume estudar, pero morreu o meu pai e tiven que traballar para axudar á miña nai, así que non entrei na universidade ata que cumprín trinta e tres anos. Terminei a carreira de Dereito e traballei de avogada, aínda que a algún lles sorprendese moito. Estudara para defender a xustiza e, sobre todo, a quen non podían defenderse.
Naquela época, as mulleres non podían votar. A lei dicía que non eramos responsables, que non tiñamos os mesmos dereitos que os homes. Pero cando en 1931 aprobouse unha lei pola que si podiamos presentarnos ás eleccións para o Congreso, dei un paso á fronte. Só tres mulleres conseguimos que nos elixisen.
Loitei pola igualdade de dereitos e, aínda que me custou moitas discusións ata cos meus compañeiros de partido, conseguín que se aprobase o sufraxio universal, é dicir, que homes e mulleres puidesen votar en igualdade de condición.
Cando, uns anos despois, estalou a Guerra Civil, tiven que marcharme a Arxentina e logo a Suíza, porque as miñas ideas non eran aceptadas pola ditadura que gobernaba España e xa nunca puiden volver. Pero, sei que hoxe as mulleres poden votar grazas a que eu, a que outras mulleres comigo, demos aquel paso. E que todo valeu a pena.
Grazas a Clara Campoamor, o 19 de novembro de 1933, as mulleres votaron nunhas eleccións xerais por primeira vez na historia de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario