O COHETE DE PAPEL
Había unha vez un neno cuxa maior ilusión era ter un cohete e disparalo cara á lúa, pero tiña tan pouco diñeiro que non podía comprar ningún. Un día, xunto á beirarrúa descubriu a caixa dun dos seus cohetes favoritos, pero ao abrila descubriu que só contiña un pequeno cohete de papel avariado, resultado dun erro na fábrica.
O neno se apenó moito, pero pensando que por fin tiña un cohete, comezou a preparar un escenario para lanzalo. Durante moitos días recolleu papeis de todas as formas e cores, e dedicouse con toda a súa alma a debuxar, recortar, pegar e colorear todas as estrelas e planetas para crear un espazo de papel. Foi un traballo dificilísimo, pero o resultado final foi tan magnífico que a parede da súa habitación parecía unha xanela aberta ao espazo sideral.
Desde entón o neno gozaba cada día xogando co seu cohete de papel, ata que un compañeiro visitou a súa habitación e ao ver aquel espectacular escenario, propúxolle cambiarllo por un cohete auténtico que tiña en casa. Aquilo case lle volveu tolo de alegría, e aceptou o cambio encantado.
Desde entón, cada día, ao xogar co seu cohete novo, o neno botaba de menos o seu cohçete de papel, co seu escenario e os seus planetas, porque realmente gozaba moito máis xogando co seu vello cohete. Entón deuse conta de que sentía moito mellor cando xogaba con aqueles xoguetes que el mesmo construíra con esforzo e ilusión.
E así, aquel neno empezou a construír el mesmo todos os seus xoguetes, e cando creceu, converteuse no mellor fabricante de xoguetes do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario