Traducir

Visitantes

RETO 12

Ola nenos e nenas!! Hoxe a cousa vai de carreiras!
 Preparados..
Listos...
Xa!
PROBA MENTE EN FORMA: Careira de vermes de papel.



Pois ben, com di o título do reto, o que imos facer hoxe é unha carreira de vermes. 
Primeiro temos que facer o noso verme, só necesitamos: papel, tesoiras e unha palla para poder darlle aire a noso bichiño e que poda correr moi rápido!

No seguinte enlace podedes ver o paso a paso

PROBA CORPO EN FORMA: Carreira de alfombras máxicas.
 
Na historia de Aladín un mozo transforma unha alfrombra nun aparato para voar. Nos imos transformar unha toalla de baño nun medio de transporte. A idea que nos sentemos na toalla, e como vermes intentemos desprazarnos polo espacio sen usar as mans! Divertido, verdade?? Podedes facer carreiras entre vos, e se dispoñedes de bastante espacio ata podedes facer un circuito!
Deixamos uns enlaces a uns vídeos onde podedes ver mellor cómo desprazarvos.
Aalgún se lles da mellor que a outros...
E outros intentan facer trampas para gañar...jajaja

Esperamos que os pasedes ben con estos retos e queremos ver os vosos vídeos e fotos do resultado!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal