Traducir

Visitantes

RETO 11


Aquí estamos de volta cun novo reto!!!!!!!

Estades listos?

PROBA MENTE EN FORMA: "O DEBUXO MÁXICO"

Para facer este experimento necesitarás:

  • Un  rotulador negro, se é posible, permanente.
  • Rotuladores de cores
  • Rolo de papel de cociña
  • Un recipiente rectangular ou un cubo
  • Auga

E máis nada que isto para facer debuxos máxicos!!!!!!!!



Para facer o reto déixovos o seguinte vídeo onde vos explica como facelo, xa veredes que é moi sinxelo pero que aos  peques vai encantar. 





PROBA CORPO EN FORMA: "ENCESTA"

Para este reto necesitas:

  • Un rolo de papel hixiénico
  • Un recipiente
E agora imos alá.
Este reto consiste en  encestar o rolo de papel hixiénico no recipiente,  peroooooo, así é moi fácil, así que imos complicalo un pouco  jajajajajaja.
Deitados no chan de costas ao recipiente, tedes que coller o rolo de papel hixiénico cos pés, flexionando os xeonllos, e pasar os pés por encima da cabeza ata o recipiente e encestalo.
Como aparece no vídeo tamén podes empregar peluches.





Isto terédelo que facer 10 veces, seredes capaces?
 Ánimoooooo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal