Traducir

Visitantes

RETO 6

Ola a todos e a todas!! Qué tal foi a semana?? Entretidos facendo os retos, verdade?? 

Hoxe traemos o último reto da semana!!

 

PROBA MENTE EN FORMA

Sabes que é o ORIGAMI??? Pode que sexa unha palabra un tanto rara que aínda non escoitaras...non te preocupes, tamén pode chamarse PAPIROFLEXIA!! É posible que ésta a teñas escoitado máis veces, e se non a escoitaches seguro que a pratichaches de algunha forma. 

Ímos explicar un pouco de ónde ven este térmo e en qué consiste.

O Origami ou Papiroflexia é un arte oriental que consiste no pregado do papel, sen usar texoiras nin pegamento, para facer figuras de formas variadas. Digamos que é como facer esculturas de papel!! 

Na península ibérica a persona que introduxo o arte do Origami foi Miguel De Unamuno, un escritor moi importante no noso país. Unamuno foi o primeiro en España en tomarse en serio esto de facer figuriñas de papel e incluso escribiu varios libros sobre a técnica.

Nós tamén ímolo tomar en serio e imos facer a nosa figuriña de papel que será a cara de un can!! Para facer ésta manualidade só ímos precisar una folla de tamaño cadrado, canto máis grande sea a folla máis grande será o noso can. Se tes unha cartulina é perfecto, pero se non un folio normal tamén serve. Precisamos tamén un boli ou rotulador para facer o nariz e os ollos do noso animaliño. Unha vez teñas a folla recortada,  se é un folio en branco, antes de comezar a dobrar o papel, podes darlle cor por unha das caras, isto é opcional pero xa che dicimos que quedará moito mellos se o coloreas!!. A cor que lle des será a cor do noso can: pode ser un can marrón, pero tamén podemos facer un can extraterreste pintando a folla de cor verde, azul, morado... Unha vez que teñas a folla coloreada só tes que premer no enlace do final que te levará a un vídeo onde poderás ver paso a paso cómo facer a nosa figura de origami! 

O noso canciño quedou así!



Cómo vedes escollímos unha cartulina de cor verde e pintámoslle uns ollos un pouco extraños xa que o noso can ven dun plantea moi moi lexano!!!  Estamos deseando ver cómo quedan ás vosas figuriñas e saber a súas historias!!

Origami cariña de can.

PROBA CORPO EN FORMA

Agora imos mover un pouco o corpiño co este vídeo que deixámos de Ximnasia en familia, collede aire porque o vades necesitar!!




No video veredes a unha familia que nos irá indicando cada exercicio. Xa vedes que nalgúns é necesario que participe un adulto máis un neno, se só sodes dous na casa podedes deixar o móvil apoiado nalgún lugar para grabar o vídeo, o tamén usar un pao selfie para grabaros!!Para motivaros máis podedes usar unha música ben animada de fondo!
Aquí deixámos o enlace o vídeo: Ximnasia en familia

Non esquezas: Texto 1 punto, Foto 1 punto, Vídeo 10 puntos!


 Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal