PROBA MENTE EN FORMA: "AUTO-RETRATOS"
Faremos unha Galeria de Arte cos nosos auto-retratos.
Para facelo precisamos:
1. Cartóns (se pode ser) ou folios (de cores)
2. Lápis
3. Tesoira
4. Pegamento
5. Temperas, cores, rotus...
Como o facemos:
Paso 1: pensar nunha forma xeométrica (cadrado, círculo, triángulo...) e debúxalo. A poder ser de tamaño dun folio ou máis grande.
Paso 2: debuxa os teus ollos.
Paso 3: debuxa a túa nariz.
Paso 4: debuxa a túa boca.
Paso 5: debuxa as túas orellas.
Paso 6: debuxa o cabelo, as cellas; ou calquera complemento coma sombreiro, coroa...
Paso 7: recorta todos os elementos dos pasos 1 ó 6.
Paso 8: pon a forma xeométrica que debuxaches como base, logo pega tódalas partes debuxadas según a forma da túa faciana.
Paso 9: se usaches cartón, espera a que seque e logo píntao; se usaches folios, píntao e se usaches folios de cores, xa estaría!!!
PROBA CORPO EN FORMA: "OS EQUILIBRISTAS"
Precisamos:
Agora...
No corredor da casa:
1. Tes que levar o globo dun lado ó outro, soprando.
2. Lévao dandolle toques coa cabeza, sen que caia ó chan.
3. De ida co ombreiro dereito, de volta co ombreiro esquerdo.
4. De ida coa man esquerda e de volta coa dereita.
5. De ida co xeonllo dereito, de volta co esquerdo.
6. De ida co pé dereito, de volta co esquerdo.
💭Lembrade: o globo non debe caer ó chan!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario