Traducir

Visitantes

RETO 16

OLA NENOS, NENAS E FAMILIAS!! HOXE COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA, CADA VEZ ESTAMOS MÁIS PRETO DE CONSEGUILO...SIGAMOS!!!


PROBA MENTE EN FORMA: "OS ANIMAIS"

Con ista proba queremos resaltar a importancia dos animais e a natureza en xeral. 

Precisades:
  • Tubo de cartón do papel hixiénico.
  • Cores
  • Rotus
  • Papeis de cores
  • Pegamento
  • Tesoiras
  • E calquer outro material para decorar: fíos de cores, ollos de plástico, limpia pipas...
Agora ímosvos deixar algúns exemplos para que escollades o animal que máis vos guste: 









Tamén podedes crear outros animais que vos gusten. E ti cal elexiches?...


PROBA CORPO EN FORMA: "A CARRETILLA"

Precisades:
  • Latas, botellas de plásticos ou outros obxectos que farán de obstáculo.
Desenvolvemento do xogo:

  • Necesítanse dúas persoas ou máis para xogar.
  • Establecer o punto de partida e o final do percorrido, colocando as marcas respectivas con cinta no chan.
  • O neno ou nena ubicarase en posición de carretilla (coas mans no chan), mentres que a outra persona o collerá dos tobillos e o/a elevará.
  • Pódense realizar distintas variantes: en liña recta cara adiante, en liña recta cara atrás, en zigzag (cara adiante/atrás) ou dando unha volta en cada obstáculo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal