O ELEFANTE FOTÓGRAFO
Había unha vez un elefante que quería ser fotógrafo. Os seus amigos rían cada vez que lle oían dicir aquilo:
- Que perda de tempo -dicían os outros- se aquí non hai nada que fotografíar...
Pero o elefante seguía coa súa ilusión, e aos poucos foi reunindo trastes e aparellos cos que fabricar unha gran cámara de fotos. Tivo que facelo practicamente todo: desde un botón que se pulsase coa trompa, ata un obxectivo do tamaño do ollo dun elefante, e finalmente unha chea de ferros para poder colgarse a cámara sobre a cabeza.
Así que unha vez acabada, puido facer as súas primeiras fotos, pero a súa cámara para elefantes era tan grandota e estraña que paracecía unha gran e ridícula máscara, e moitos rían tanto ao verlle aparecer, que o elefante comezou a pensar en abandonar o seu soño.. Para máis desgraza, parecían ter razón os que dicían que non había nada que fotografar naquel lugar...
Pero non foi así. Resultou que a pinta do elefante coa súa cámara era tan divertida, que ninguén podía deixar de reir ao verlle, e usando unha chea de bo humor, o elefante conseguiu divertidísimas e incribles fotos de todos os animais, sempre alegres e contentos, mesmo do malhumorado rino!; desta forma converteuse no fotógrafo oficial da sabana, e de todas partes acudían os animais para sacarse unha riseira foto para o pasaporte ao zoo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario