Traducir

Visitantes

Obradoiro de fotografía. Clase 1.

Nestas clases imos a aprender un pouco de fotografía básica que iremos poñendo en práctica cas nosas cámaras dixitais, e se non temos, non vos preocupedes: podedes usar a cámara do teléfono móvil.
Para mergullarnos na fotografía é necesario que primeiro aprendamos o compartamiento da luz e o funcionamiento do nosos ollos. 

A palabra fotografía provén do grego e quere dicir: escribir con luz. É dicir, sen luz a fotografía non podería existir e tampouco ningúen podería ver nada, nin obxetos, nin persoas...nada. Pero isto xa o sabes porque xa o tes comprobado: cando estás nunha habitación totalmente a escuras non atisbas nada!

A luz funciona da seguinte maneira: os raios de luz, que viaxan en linea recta, inciden nos obxetos, e estos, dependendo da cor que teñan, reflexan máis ou menos luz. A luz viaxa desde a súa fonte principal, xa sea o sol ou unha lámpara, por exemplo, rebota nos obxetos e se reflexa dos obxetos a nosos ollos. E sabedes algo moi interesante??: Cando a luz entra nos nosos ollos rebotada dos obxetos, a imaxe que proxecta esta do revés! É o noso cerebro o que lle da a volta!! Curioso, verdade?? Pois as cámara de hoxe en día funcionan igualiño que nosos ollos!



Pero fai moito moito tempo, non existían nin os móviles nin ás cámara fotográficas sen embargo, como todo novo invento, tivo un inicio: o primeiro experimento, que logo levou a invención da fotografía, foi a camera oscura e consistía nunha habitación que estaba totalmente a escuras, só entraba a luz por burato moi pequeniño feito nuha das paredes. A luz que entraba por aquel burato reflexábase do revés na pared oposta. Moitos artistas usaban esta imaxe para copias da realidade a súas pinturas, algo así como calacar pero a tamaño real!!


Nas seguintes fotografías podemos ver algúns exemplos de habitación que funcionan como cámaras oscuras. Ti tamén o podes facer na casa, o único que precisas e un cuarto que teña unha fiestra por donde entre a luz e tes que tapas esa fiestra para que non entre nin un raio de sol, o podes facer con cartóns o contea negra pero que sea opaca e non deixe pasar nada de claridade. A habitación ten que estar totalmente, pero totalmente a escuras. Nesa tea o cartóns que utilizaches para pechar a entrada de luz tes que facer un burato pequeno e verás como a imaxe do esterior se proxecta do revés na parede oposta! Se non funciona  pode pasar que o burata sea o moi pequeno o demasiade grande, así que aconsello comezar cun buratiño e se non e suficiente ir agrandandoo.





Para aqueles que non teñen a posibilidade de facer o experimento nunha habitación, xa sexa porque non dispoñen de tea opaca ou cartón suficiente para pechar a entrada luz, vos deixo un par de alternativas moi interesantes e que ademáis podedes usar sempre que querades.

A idea é facelo mesmo pero cunha caixa de zapatos ou un tubo de cartón de papel de cociña (o de papel hixiénico e demasiado corto e non non serve), tamén serviría un tubo grande das patatas Pringels.  



Éste é o meu tubo e o que vin a través del!!:





Recorda que en calqueira dos dous casos tes que dirixir o buratiño a obxetos que estén ben iluminados, ou directamente podes asomarte a festra polo día e mirar a través do tubo!

Non esquezas: todo suma, así que se che animas a facer este experimento de fotografía, manda as túas fotos e os teus vídeos!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal