Ola peques! Xa estamos a domingo polo que hoxe toca o deporte da semana. Dado que estamos na semana de campamento, o deporte que imos aprender hoxe é un xogo o aire libre chamado
Ultimate Frisbee.
De seguro que algunha vez xogaches ou viches no parque ou na tele a persoas xogando cun disco voador, incluso xente xogando co seu can na praia. Ese disco chámase Frissbee e é o implemento do deporte chamado Ultimate.
Este xogo ten elementos semellantes ó rugby, ó baloncesto e ó fútbol pero cunha filosofía diferente: é un deporte autoarbritado, esto quere dicir que non ten árbrito. Este detalle promove nos seus xogadores valores coma a honestidade, a deportividade e o xogo limpio xa que cada xogador é responsable do bo desenvolvemento do xogo e do respeto ás reglas, esto da orixe a filosofía do xogo que é a base deste deporte.
Este deporte é mixto e xógase en equipos de 7 persoas cando se xoga en herba e de 5 xogadores cando o xogo é na praia. O obxetivo de cada equipo e facer punto recibindo o disco dentro da zona que se ataca. O xogador que ten o disco non pode correr pero pode pasalo a calquera compañeiro en calquera dirección en tan solo 10 segundos.
Deixámosvos un enlace onde podedes ver máis detalladamente as reglas
E aquí uns links por se che animas a facer o teu propio disco voador para poñer en práctica todo o aprendido hoxe...eso sí, non poderemos estrealo ata que termine a cuarentena! A non ser que teñas a sorte de ter un patio ou xardín na casa, ou un corredor moi longo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario