Proba MENTE EN FORMA “ARMA ANTIVIRUS”
Hoxe imos crear un arma sónica para espantar aos virus
Para elo necesitáis:
· Un tubo de cartón de papel hixiénico.
· Un papel ríxido ou cartulina.
· Tesoiras
·Un lápiz afiado
·Cinta adhesiva
·Plástico fino (por exemplo, dunha bolsa de conxelados, dunha carpeta, etc)
· Unha goma elástica
·Unha pelusa ou algo parecido que será o virus
Agora que xa temos todo, mans a obra.
- Corta un círculo de papel ou cartulina do mesmo tamaño da abertura do rolo.
- Usa o lápiz afiado ou outro obxecto punzante (pide axuda a un maior) e fai un burato no centro do círculo.
- Pega o círculo nun dos extremos do tubo de cartón, tendo coidado de non cubrir o burato que acabas de facer. Asegúrate de que ao redor da unión non quedan ocos.
- Corta un trozo de plástico fino e colócao sobre o outro extremo do tubo. Usa a goma elástica para fixalo no seu sitio. Asegúrate de que o plástico está ben estirado.
- Apunta á pelusa co extremo do tubo que ten o burato. Da uns golpeciños no plástico e observa cómo se move a pelusa. Cuanto máis forte o toques, ¡máis volará a pelusa (virus).
Agora que xa tes a arma contra os virus, ningún podrá
contigo!!!!!!!!!!!
Proba CORPO EN FORMA “CARREIRAS DE ANIMAIS”
- Coma un gato
- Coma unha serpe
- Coma unha ra
- Coma un mono
- Coma un canguro
- Coma un cangrexo
VEÑA A POR ELAS!!!!!!!!
NON PARES SEGUE SEGUE, NON PARES SEGUE SEGUE………….
Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
No hay comentarios:
Publicar un comentario