Esta semana coñecemos a:
LEONARDO TORRES QUEVEDO
Chámome Leonardo e son inventor. Nacín en Cantabria, entre vacas e montañas, o mesmo ano que Antonio Gaudí e Benito Pérez Galdós. E mentres eles construían os seus mundos e os seus sonos con pedra e con palabras, eu quisen voar. E o conseguí.
Sempre pensei que as dificultades son máis retos que obstáculos e que o ser humano é capaz de conseguir, co traballo e imaxinación, que o vento sopre ao seu favor. Convertín o ceo no meu laboratorio. Os dróns que agora cruzan as nubes manexados por control remoto non existirían sen o meu Telekino, un dos primeiros mandos a distancia. Con el, fai máis de cen anos, sorprendín á cidade de Bilbao e a todo un rei guiando un bote pola ría sen moverme da orilla.
Pero non só conseguín mover obxectos a distancia. Deseñei globos aerostáticos e trasnbordadores que levaron persoas dun lugar a outro de maneira rápida e segura. O meu primeiro teleférico o movían duas vacas e máis tarde fixen que funcionase con motores. Aínda hoxe, despois de máis de cen anos, podes voar sobre as Cataratas do Niágara no meu Spanish Aerocar.
A miña imaxinación nunca cansouse de buscar ceos que percorrer, onde as máquinas axudaran aos humanos a moverse, a ter unha vida máis cómoda e sinxela, e tamén a divertirse. Por iso inventei o primeiro videoxogo da historia: un autómata co que xogar ao xadrez.
Tiven sonos. Púxenos a voar. Fíxenos realidade e agora ti podes xogar coa tua consola, pasear entre as nubes ou cambiar as canles da tele sen levantarte do sillón
Dime, cales son os teus sonos?
Co aritmómetro electromecánico, que podría considerarse o primeiro ordenador no sentido actual da historia, Torres Quevedo convertíase no pioneiro da computación, precursor da informática e da intelixencia artifical.
Quen será a semana que vén…..
No hay comentarios:
Publicar un comentario