Ola ola que tal estamos?
Hoxe traémosvos unha actividade moi especial que faremos entre todos e por tanto necesitamos a vosa colaboración.
A nosa idea é crear un vídeo, onde saian todos os nenos, nenas, papás, mamás, irmáns, educadoras... "cantando" a canción "Volveremos a brindar" en lingua de signos. Para iso, necesitamos que vaiades ensaiando co link que vos deixamos aquí e que cando consideredes que estades listos gravédesvos e pasédesnos o vídeo, xa sexa por whatsapp, por correo, etc.
Eliximos esta canción porque pensamos que a mensaxe que transmite pode ser unha bonita homenaxe aos nosos pequenos e pequenas heroes e heroínas que temos na casa e que están a levar esta situación dunha maneira heroica e que nunca imaxinásemos e de ter un recordo de todo o que estamos vivindo.
A continuación, deixámosvos dúas ligazóns, un é a canción signada e outro un exemplo do que queremos conseguir con esta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario