HOXE VOS TRAEMOS DUAS PROBAS MOI SINXELAS E DIVERTIDAS... IMOS ALO!
PROBA MENTE EN FORMA: "O TELEFONO CASEIRO"
Normalmente componse de duas latas, conos de papel, vasos de plástico ou similares, unidos por un elemento tenso, como unha corda o un fío, entre ambos extremos.
Estas vibracións trasmítense a través da corda, para se transformar de novo en son no outro extremo desta.
Que precisas?
- 2 vasos de plástico, latas, vasos de iogur, botellas de actimel ou algo similar.
- 1 corda, fío, lá, liña de pesca ou similares que teñades na casa.
- 1 agulla grande, tesoiras, punzón...para facer os buratos.
Que hai que facer?
1. Facer un burato ó fondo dos obxectos elexidos.
2. Colle o fío, la ou o que elexiches e pasao polo burato dos "vasos".
3. Fai un nó no interior de cada un deles para que cando tires delos, non pasen polos buratos.
AH!! Se queredes podedes decoralos antes ou despois
O final tedes que poñervos un frente ó outro, estirando ben o fío entre os dous "vasos". Mentras un fala o outro escoita. RING RING!!📞
Fonte: Con mis hijos
PROBA CORPA EN FORMA: "MISION IMPOSIBEL LASER"
- Fíos, cordas ou papel (crepé, hixiénico...)
- Celo ou cinta adhesiva.
Xa temos o labirinto, agora temos que cruzar dun extremo a outro sen tocar a corda ou o papel!!
Agora imos a queimar esa enerxía!! 💪
No hay comentarios:
Publicar un comentario