Traducir

Visitantes

JUAN SEBASTIÁN ELCANO

Esta semana coñecemos a: 



JUAN SEBASTIÁN ELCANO



A maior travesía da historia

Chámome Juan Sebastián e son mariño. Nacín en  Guetaria e, desde moi novo, enroleime en todos os barcos que quixesen contratarme, xa fosen pesqueiros ou buques enormes.

A principios do século  XVI coñecín a Fernando de Magallanes, que era un mariñeiro e explorados portugués. El quería atopar un roteiro novo para chegar ás illas  Molucas, en Indonesia. De alí viñan as mellores especias do mundo e moitos exploradores buscaban a forma máis rápida e máis segura de chegar, aínda que sempre o facían bordeando África. Magallanes pensou que  poedría ir en dirección contraria, cruzando o Atlántico e logo o Pacífico. Gustoume a súa idea e enroleime na expedición. En Portugal non lle apoiaban, así que veu a España a pedir axuda ao rei Carlos I.

Foi unha viaxe moi dura. Magallanes morreu antes de que chegásemos ás illas  Molucas e eu quedeime á fronte da expedición. Cumpriramos o noso obxectivo, pero tiñamos que volver a casa. Decidín facelo polo roteiro que outros mariñeiros usaran antes, bordeando África, e así demostrei, xunto aos que quedabamos na expedición, que a Terra era redonda. Completaramos a primeira volta ao mundo! Hoxe din que foi unha das maiores xestas da historia da humanidade. 

Tamén nos demos conta de que a Terra era moito maior do que pensaramos, así que tardamos algo máis de tres anos en completar a viaxe. Partimos de España con cinco barcos e 239 homes; volvemos só dezaoito, todos a bordo da nave Vitoria. Doeunos perder a tantos compañeiros, pero sentimos orgullosos de ser os primeiros exploradores en dar a volta ao mundo.

Juan Sebastián Elcano foi o navegante español que completou a primeira volta ao mundo. hai 500 anos. O roteiro descuberto pola expedición Magallanes-Elcano cambiou as relacións comerciais de Europa co resto do mundo e este fito é considerado como o inicio da globalización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina principal